Exhibition of the Creed (Mid-17th century) de Antwerp School (Marten de Vos, Jan Sadeler, the elder)The Catedral de Santiago Foundation
No interior da Sacristía da catedral de Santiago recóllense dúas series pictóricas realizadas en óleo sobre cobre que pertenceron ao Chantre Don Andrés de Gondar.
The Adoration of the Shepherds (Life of the Virgin Series) (Second half of 17th century) de Franco-Flemish SchoolThe Catedral de Santiago Foundation
Estas obras, testemuñan a importancia do comercio dos gravados entre os séculos XVI e XVII, traendo a Galicia a influencia dos grandes pintores flamengos.
Serie da Vida da Virxe
Un dos ciclos está dedicado á Vida da Virxe, composta por trece escenas que recollen aqueles acontecementos icónicos do Ciclo Mariano, transcorrido desde o seu nacemento ata a Ascensión.
The Flight into Egypt (Life of the Virgin series) (Second half of the 17th century) de Franco-Flemish SchoolThe Catedral de Santiago Foundation
Como exemplo, a escena da Fuxida a Exipto, onde se ve unha clara similitude en estilo ás obras de Peter Paul Rubens, usando o mesmo modelo de representación e personaxes.
Como outras obras do Ciclo Mariano da Sacristía que evidencian unha influencia estilística propia de Rubens, a Anunciación e Presentación de María.
Serie do Credo
O outro ciclo pictórico correspóndese coa serie do Credo, que escenifica a través de doce pezas os principais dogmas da fe cristiá. Valéndose do Credo dos Apóstolos, realízanse escenas como a Creación, a Apocalipse ou o Nacemento de Cristo.
The Descent (Creed Series) (Mid-17th century) de Antwerp School (Marten de Vos, Jan Sadeler, the elder)The Catedral de Santiago Foundation
Nesta serie exporíase unha certa influencia do artista Maarten de Vos, un destacado pintor flamengo do século XVI, cuxos gravados foron inspiración en diversos lugares de Europa e América.
The Heavenly Jerusalem (Creed Series) (Mid-seventeenth century) de Antwerp School (Marten de Vos, Jan Sadeler, the elder)The Catedral de Santiago Foundation
A serie do Credo foi concibida para ocupar o espazo no que se atopa actualmente, admitindo unha labor catequética, e recordando os principios fundamentais da fe cristiá a quen se preparaba para celebrar a liturxia.
Dirección: Ramón Yzquierdo Peiró
Textos: Noa Lorenzo Otero, Desirée da Silva Martínez, Ana Eiroa Candal
Imaxes: Fundación Catedral de Santiago
Esta exposición forma parte do proxecto Historia Pinxit. Espazos, temas e personaxes na pintura da Catedral Compostelá, enmarcado dentro do programa FO200 de subvencións a fundacións e a entidades sen fins de lucro da Provincia de A Coruña titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas para o desenvolvemento de actividades culturais ao longo do ano 2024 da Deputación da Coruña.