A Epifanía en Compostela

Descubre as diferentes representacións da Epifanía na cidade de Santiago de Compostela e a súa evolución ó longo do tempo.

Leer

Tympanum of Santa María a Nova (1397) de Taller compostelano de herencia ourensanaThe Catedral de Santiago Foundation

 A Epifanía é un dos episodios mais celebrados na biblia, que narra o momento de adoración dos tres reis magos ó Neno Xesús en Belén, que chegan dende Oriente con presentes. O nacemento de Cristo transmite a mensaxe de salvación para toda a humanidade.  

Right Tympanum of the facade of Platerías (1100- 1112) de Taller compostelanoThe Catedral de Santiago Foundation

 A Adoración dos Magos é unha iconografía que adquiriu na Compostela medieval un especial desenvolvemento. Xa na Fachada de Praterías, os escultores xelmirianos introduciron esta escena na parte superior do tímpano da dereita.

Master Mateo's stony Choir (ca. 1200) de Maestro Mateo y su tallerThe Catedral de Santiago Foundation

 Cara o ano 1200, o Mestre Mateo incluíu a Adoración dos Magos como protagonista do tímpano da fachada do trascoro, que estaba situada na nave principal, completando o programa iconográfico do proxecto mateán.  

Mattean Trascoro (ca. 1200) de Maestro Mateo y su tallerThe Catedral de Santiago Foundation

 Aínda que non se podería conservar o tímpano, foi posible reconstruílo hipoteticamente a partir de exemplos medievais no arte galego e dos restos de algunhas pezas que completarían dita fachada, como os cabalos do cortello dos Magos ou a Virxe do grupo da Anunciación.  

Tympanum of the church of the Corticela (13th century) de Taller compostelanoThe Catedral de Santiago Foundation

 O exemplo máis inmediato ó desaparecido tímpano mateán preside a fachada da Igrexa da Corticela, reformada no século XIII por artistas relacionados co obradoiro do Mestre Mateo.

Tympanum of the church of San Benito del Campo (14th century) de Taller compostelanoThe Catedral de Santiago Foundation

 A principios do século XIV chegaron a Santiago uns mestres ourensáns que introduciron un novo estilo, que empaparase da tradición compostelá. A eles se lles atribúen varios exemplos da Epifanía que protagonizaron os tímpanos de diversos templos da cidade.

Tympanum of Doña Leonor (Second quarter of the 14th century) de Anónimo compostelanoThe Catedral de Santiago Foundation

 Destaca o Tímpano da Igrexa de San Fiz de Solovio (1316), firmado polo Mestre F. París, co cal iníciase un modelo que irá evolucionando e aportando novidades. No caso do Tímpano de Dona Leonor, que introduce ós anxos turiferarios e presenta un arco lixeiramente apuntado.

Tympanum of Santa María del Camino (First half of the 15th century) de Taller ourensanoThe Catedral de Santiago Foundation

 Ó longo de algo máis dunha centuria, os tímpanos composteláns van evolucionando cara un estilo cada vez mais popular, con certa sobrecarga nas escenas que chegan a superar o marco, como sucede na Igrexa de Santa María do Camiño, de 1425.

Tympanum of Nuestra Señora del Belén (First half of the 14th century) de Taller compostelanoThe Catedral de Santiago Foundation

 Como novidade, e fora do estilo ourensán, no tímpano hoxe conservado no Santuario da Nosa Señora do Belén, engadiuse á Adoración dos Reis a imaxe da Presentación no Templo no seu anverso, ademais da escena do Calvario no reverso.

Tympanum of San Fiz de Solovio (1316) de Maestro F. París y su tallerThe Catedral de Santiago Foundation

 Estas representacións formaban parte dun percorrido que seguía o último tramo do camiño, culminando ante a fachada do trascoro mateán; e tiñan un papel relevante nas celebracións do Nadal Compostelán.

Créditos: reportaje

Unha iniciativa da Fundación Catedral de Santiago. 
Dirección: Ramón Yzquierdo Peiró.
Textos: Claudia Gómez, Beatriz Garma.
Imágenes: Fundación Catedral de Santiago. 

Créditos: todos los contenidos multimedia
En algunos casos, el reportaje destacado es obra de un tercero independiente y no siempre representa los puntos de vista de las instituciones indicadas a continuación, que son las que han proporcionado el contenido.