Episodios xacobeos na pintura catedralicia

Descubre os diferentes temas xacobeos presentes nas pinturas da colección catedralicia

Leer

Seated St. James (1748) de José Antonio García de BouzasThe Catedral de Santiago Foundation

Na Catedral compostelá custódianse os restos do apóstolo Santiago, polo que a iconografía xacobea ocupa un lugar importante, estando moi presente na colección pictórica e nas obras que alberga o Museo.

Illuminated Initial of the Codex Calixtinus. I of Iacobus (Mid 12th century) de Compostelan ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation

Na tradición xacobea destacan dous episodios de grande importancia: a Traslatio, ou o traslado do corpo do apóstolo a Galicia, e a Inventio ou achado das reliquias.

Translation of the Apostle’s Remains in the painting The Traditions of the Apostle Saint James in Galicia (1899) de Modesto BrocosThe Catedral de Santiago Foundation

A Traslatio

Segundo a tradición, unha vez que Santiago foi martirizado, os seus discípulos Teodoro e Atanasio recuperaron o seu corpo e o levaron ata o porto de Jaffa, dende onde emprendeu esta milagrosa travesía ata Iria Flavia, con posterior traslado a Compostela.

Life of Saint James the Greater (1780) de Manuel Arias VarelaThe Catedral de Santiago Foundation

Esta temática foi plasmada na bóveda da antesala capitular por Manuel Arias Varela en 1780, configurando unha obra que se considera o "broche de ouro do barroco compostelán".

The transfer of the remains of St James the Apostle (1856-1859) de Raimundo de MadrazoThe Catedral de Santiago Foundation

Existen tamén exemplos deste episodio na pintura contemporánea do Museo Catedral de Santiago, como ese momento do desembarco que Raimundo de Madrazo representa na Traslación dos restos del Apóstolo Santiago á sede de Padrón (1859), a súa primeira obra conocida.

Traslatio represented in the Panels for the Ibero-American Exposition in Seville (1929) de Juan Luis López GarcíaThe Catedral de Santiago Foundation

O pintor Juan Luis, tamén representa o Traslado do corpo do apóstol nun dos seus paneis para a Exposición Iberoamericana de Sevilla de 1929, co corpo do apóstolo sobre un carro tirado por bois, previamente amansados, e acompañado dos seus discípulos.

The traditions of Saint James apostle in Galicia (1897) de Modesto BrocosThe Catedral de Santiago Foundation

Mención especial merece a obra de Modesto Brocos, As tradicións do Apóstolo Santiago en Galicia realizada en 1899 e que, disposta en forma de tríptico, representa nunha das súas táboas ese momento do desembarco en Iria Flavia.

Detail of the Inventio depiction in the Tumbo A (1129-1256) de Compostelan ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation

A Inventio

Séculos despois do traslado e enterramento do apóstolo, prodúcese o que se coñece como a Inventio, o descubrimento dos seus restos no século IX por parte do ermitaño Paio e o Bispo de Iria Flavia, Teodomiro. Dito achado marcou o inicio da peregrinación xacobea.

Inventio of the Apostle’s Remains in the painting The Traditions of the Apostle Saint James in Galicia (1899) de Modesto BrocosThe Catedral de Santiago Foundation

Este episodio aparece representado no Tríptico de Modesto Brocos xa comentado, en cuxa táboa central podemos observar o instante previo ao descubrimento, seguindo o narrado polo arcebispo Xelmírez na Historia Compostelá.

Stained Glass Window Project for the Obradoiro Façade (Late 19th-early 20th centuries) de Atributted to Modesto Brocos or Roberto González del BlancoThe Catedral de Santiago Foundation

A  representación do sepulcro con luminarias tamén a veremos conformando o escudo do Cabido sostido por a anxos no Proxecto de Vidreiras para a Fachada do Obradoiro, atribuído ao mesmo autor.

Tumbo A (1129) de Compostelano ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation

Tamén aparece representado o episodio da Inventio, segundo o relato de Xelmírez, no folio 1v do Tumbo A ( ca. 1129), onde se representa ao Bispo Teodomiro no momento de confirmar o descubrimento da tumba do apóstolo, xunto cun anxo turiferario.

Inventio (1880) de Laureano Cao CordidoThe Catedral de Santiago Foundation

Este tipo de representacións inician un modelo iconográfico que se seguirá durante séculos, como se pode observar na obra da Inventio ( 1880) de Laureano Cao Cordido, peza que hai que poñer en relación co redescubrimento das reliquias apostólicas en 1879.

The 365 Faces of the Apostle Saint James (2021) de David PlanasThe Catedral de Santiago Foundation

Por tanto, podemos concluír que ao longo dos anos, se plasmaron diversos episodios da iconografía xacobea, consolidando un relato visual que combina fe, historia e tradición e testemuñando a relevancia do culto a Santiago.

Créditos: reportaje

Dirección: Ramón Yzquierdo Peiró
Textos: Claudia Gómez Cabrera, Ana Eiroa Candal
Imaxes: Fundación Catedral de Santiago

Créditos: todos los contenidos multimedia
En algunos casos, el reportaje destacado es obra de un tercero independiente y no siempre representa los puntos de vista de las instituciones indicadas a continuación, que son las que han proporcionado el contenido.