Capilla de la ComuniónThe Catedral de Santiago Foundation
O percorrido polo interior da catedral permite admirar arquitecturas e pezas artísticas de diferentes épocas, especialmente nas súas capelas, nas que, entre outras cousas, os peregrinos de diferentes nacións atopaban os santos da súa devoción.
Toca para ver
Capela Maior
A capela Maior mantén, no esencial, a súa estrutura románica, condicionada pola localización, na parte inferior, da tumba de Santiago Apóstolo. Na actualidade está protagonizada polo baldaquino e pola fastosa prataría barroca, a cal enmarca a imaxe pétrea do Santiago Sedente, obra do taller do Mestre Mateo, ao que os peregrinos abrazan accedendo polas escaleiras situadas na xirola.
Girola de la Catedral de SantiagoThe Catedral de Santiago Foundation
Capelas da xirola
Percorrendo a xirola de esquerda a dereita
Toca para ver
Capela de Santa Fe
A capela de Santa Fe ou de San Bertomeu está composta por un retablo renacentista presidido pola Virxe do Bo Consello, flanqueada, a cada lado, por Santiago o Maior e San Bertomeu. O seu elemento máis destacado é o sepulcro do Mestrescola Don Diego de Castela, obra do Mestre Arnau, de 1521, e importante mostra da arte funerario da época.
Toca para ver
Capela de San Xoán
A románica capela de San Xoán foi remodelada e ampliada no barroco, momento en que se abriu a gran lanterna que ilumina o seu interior. Esta é obra de Simón Rodríguez, autor tamén do retablo, coroado pola imaxe de San Xoán, mentres que na parte central se engadiu unha imaxe de Santa María Salomé.
Toca para ver
Capela de Santa María a Branca
Capela fundada nos anos finais do século XIII por Juan de España. Actualmente, ten un retablo neogótico, obra de Maximino Magariños, presidido pola imaxe barroca da Inmaculada, realizada en 1744 por Gregorio Fernández.
Toca para ver
Capela do Salvador
Trátase da capela central da xirola e do punto de inicio das obras da Catedral cara a 1075. Á súa entrada atopámonos cos capiteis fundacionais que conservan as inscricións latinas: “Reinando o príncipe Afonso construíuse esta obra” e “En tempos do Bispo Diego comezouse esta obra”. A esta capela acudían os antigos peregrinos a confesarse en diferentes idiomas e recibir a Compostela.
Toca para ver
Porta Santa
A Porta Santa ábrese exclusivamente nos Anos Santos. Cara ao interior está flanqueada por dúas figuras procedentes do Coro Pétreo do Mestre Mateo e as súas follas de bronce, con relevos de temática xacobea, son obra do escultor compostelán Jesús León.
Toca para ver
Capela de San Pedro
Desta capela, que conserva a súa primitiva disposición románica, destacan as súas pinturas murais, descubertas en 1998, que deben poñerse en relación coas intervencións patrocinadas por Dª Mencía de Andrade no último cuarto do século XVI.
Toca para ver
Capela de Mondragón
Capela fundada en 1521 polo cóengo Juan de Mondragón, tamén é coñecida como capela da Piedade ou da Santa Cruz. Destaca o magnífico retablo que preside a capela, obra sevillana do borgoñón Miguel Perrín, de 1526, realizado en terracota, representando a Lamentación perante Cristo Morto.
Toca para ver
Capela do Pilar
A capela do Pilar empezouse a construír a finais do século XVII. En orixe, estaba destinada a ser a nova sancristía da catedral pero, unha vez iniciadas as obras, o arcebispo Monroy cambiará a intención inicial do cabido e situará nela un altar dedicado á Virxe do Pilar. Dispón dunha coidada decoración marmórea, con vieiras e estrelas.
Nave del transepto norteThe Catedral de Santiago Foundation
Capelas do brazo norte do cruceiro
Partindo da xirola cara á porta de Praterías
Toca para ver
Capela da Concepción
Trátase dunha capela renacentista, realizada en 1523, á que se engadiu, posteriormente, o seu retablo barroco, obra de Simón Rodríguez. Ten dúas rúas, unha delas conta cun relevo do Descendemiento, obra de Diego de Sande, mentres que, no outro lado, se atopa a imaxe da Nosa Señora da Concepción ou de Prima, talla realizada por Cornielles de Holanda.
Toca para ver
Capela do Espírito Santo
Capela fundada, con carácter funerario, a mediados do século XIII, momento co que se corresponden as súas sepulturas, con claro influxo da arte do Mestre Mateo. En 1946 incorporóuselle o retablo da Virxe da Soidade, que estivera situado, desde mediados do século XVII, no antigo trascoro catedralicio.
Iglesia de la CorticelaThe Catedral de Santiago Foundation
Igrexa da Corticela
A Corticela foi unha fundación do rei Afonso III, que a cedeu aos benedictinos para coidado do altar de Santiago e, en 1527, pasou a ser a parroquia de estranxeiros e vascos, condición que conserva na actualidade. Cabe salientar, ademais da súa estrutura arquitectónica, o tímpano da Epifanía da súa portada, obra próxima ao taller do Mestre Mateo.
Capilla de San AndrésThe Catedral de Santiago Foundation
Capela de Santo André
Foi fundada polo arcebispo Girón en 1674. Conta cun retablo barroco presidido pola imaxe da Virxe do Carme, obra de Rodeiro, imaxineiro do terceiro cuarto do século XIX, herdeiro da tradición compostelá iniciada no século anterior.
Toca para ver
Capela de Santo Antón
Situada nun lateral da porta da Acibechería, ten un retablo de Manuel de Leis, datado en 1762, que está presidido pola imaxe do titular e que se viu modificado parcialmente, en 1948, para acomodar a imaxe da Virxe de Fátima, que actualmente ocupa a parte inferior.
Toca para ver
Capela de Santa Catalina
Encóntrase no espazo que ocupou, ata o seu traslado no século XVI, o Panteón Real creado polo taller do Mestre Mateo en época medieval. O seu retablo actual é de finais do século XVIII e foi reformado para colocar, na súa parte inferior, a imaxe da Nosa Señora de Lourdes.
Toca para ver
Lauda de Teodomiro
Bispo de Iria no momento do descubrimento dos restos do Apóstolo, a lápida de Teodomiro apareceu nas escavacións arqueolóxicas realizadas no brazo sur do cruceiro da catedral no ano 1955. Desde 2021 ocupa un novo lugar na catedral, acompañada dunha imaxe peregrina de Santiago, de mediados do século XV, que pertenceu ao arcebispo Nuñez de Isorna.
Cúpula de la Capilla de la ComuniónThe Catedral de Santiago Foundation
Capelas da nave maior
Partindo da xirola cara á fachada do Obradoiro
Capilla de la ComuniónThe Catedral de Santiago Foundation
Capela da Comuñón
Sobre o espazo que ocupou, ata o século XVIII, a capela do arcebispo Lope de Mendoza, atópase esta capela, froito dun proxecto impulsado polo arcebispo Rajoy. As súas trazas débense a Domingo Lois Monteagudo, aínda que a dirección do proxecto correspondeu, desde 1770, ao compostelán Miguel Ferro Caaveiro.
Capilla del Cristo de BurgosThe Catedral de Santiago Foundation
Capela do Cristo de Burgos
Fundada polo arcebispo Pedro Carrillo e Acuña, que encargou a súa construción, en 1665, a Melchor de Velasco. Debe o seu nome á imaxe que preside o retablo, obra burgalesa de mediados do século XVIII. Os retablos laterais son, do mesmo xeito que o principal, obra de Mateo de Prado.