A catedral románica

Descubre as orixes da catedral de Santiago de Compostela.

Leer

Cathedrals virtual reconstruction at the date of consecrationThe Catedral de Santiago Foundation

Desde a súa creación, a catedral de Santiago é lugar de destino de millóns de fieis movidos pola fe e a devoción. A través do noso percorrido comprobaremos como o descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago desencadeou un fenómeno relixioso e cultural a escala planetaria.

Second order of the columns: columns´ statues of the Portico of Glory. Apostle Santiago (ca. 1168-1188) de Master MateoThe Catedral de Santiago Foundation

A viaxe do apóstolo Santiago

Santiago Zebedeo foi o primeiro dos apóstolos de Cristo en sufrir o martirio, cara ao ano 44 d.C.; porén, o lugar do seu sepulcro permanecerá no esquecemento. Desde San Xerome cobrará forza a idea de que cada un dos apóstolos descansaba no seu lugar de predicación.

Altarpiece with Apostle Saint James' life scenes (h. 1456) de Nottingham workshopThe Catedral de Santiago Foundation

Este retablo nárranos, a través dos seus cinco paneis, algúns dos episodios máis destacados do itinerario vital do apóstolo Santiago: vocación, misión, predicación en Hispania, martirio e translación dos seus restos mortais nunha barca ata terras de Galicia.

Translation of the mortal remains of Saint James to the seat of Padron (1859) de Raimundo de MadrazoThe Catedral de Santiago Foundation

Seguindo o relato da tradición, a barca que traslada os restos mortais de Santiago o Maior arriba nas costas galegas e son os seus discípulos, Teodoro e Atanasio, quen, axudados por man divina, se encargan de trasladar o corpo do Apóstolo ata Padrón.

The traditions of Saint James apostle in Galicia (1897) de Modesto BrocosThe Catedral de Santiago Foundation

Finalmente, os discípulos de Santiago conseguen levar o corpo do seu mestre nun carro tirado por touros ata o lugar sinalado para a súa sepultura. Co paso dos séculos a localización deste sepulcro terminará caendo no esquecemento.

Inventio (1880) de Laureano Cao CordidoThe Catedral de Santiago Foundation

Durante séculos circularon noticias que situaban ao apóstolo Santiago en Hispania. O avistamento, por parte do monxe Paio, dunhas prodixiosas luminarias permitirá descubrir a localización do sepulcro apostólico, sendo confirmado posteriormente polo bispo Teodomiro, tras anxélicas revelacións.

Tumbo A (1129) de Compostelano ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation

Esta miniatura mostra a escena da Inventio, ou achado, a cal aparece na primeira parte do Tombo A, cartulario medieval que documentaba o patrimonio da catedral de Santiago. A través das súas páxinas podemos ver o gran desenvolvemento que experimenta o templo compostelán.

Basílica of Alfonso III model de UnknownThe Catedral de Santiago Foundation

A construción da basílica

Nese mesmo lugar onde sucede a Inventio, Afonso II ordenará a construción dunha basílica. Con todo, ante o auxe do culto a Santiago, exponse a necesidade de proxectar un edificio de maiores dimensións, empresa que se levará a cabo baixo o reinado de Afonso III.

Piece of window (X century)The Catedral de Santiago Foundation

Este vestixio arqueolóxico vén dar testemuño da desaparecida basílica de Afonso III. Os elementos aparecidos nas escavacións, xunto ás trazas físicas presentes baixo a catedral, constitúen elementos principais á hora de reconstruír a imaxe que puido ter o templo.

Model of the Romanesque Cathedral de Kenneth John ConantThe Catedral de Santiago Foundation

A catedral románica

Esta maqueta nace como resultado das investigacións do profesor K. J. Conant e recrea a imaxe que puido ter o templo antes da chegada do mestre Mateo, cara ao 1150. A grandiosidade que adquire o edificio vén ser reflexo do auxe vivido pola peregrinación.

San Salvador chapel (1075) de Bernardo the elder, RobertoThe Catedral de Santiago Foundation

A capela de San Salvador, situada na parte central da xirola, será o punto onde dean inicio as obras da catedral, da man dos mestres Bernardo o Vello e Roberto. Este espazo terá unha enorme repercusión sobre o conxunto, ao condicionar o resto do proxecto.

Foundational capitals (s.XI) de Bernardo the elder, RobertoThe Catedral de Santiago Foundation

Na entrada desta capela atopámonos cos capiteis fundacionais, ambos en relación co ritual de colocación da primeira pedra. Na súa inscrición latina podemos ler: "No tempo do bispo Diego comezouse esta obra"; "Reinando o rei Afonso construíuse esta obra”.

Segunda fase constructiva de la Catedral de Santiago (1092- 1101) de Esteban MasterThe Catedral de Santiago Foundation

Tras un período de desaceleración nas obras, a chegada do mestre Esteban suporá a reactivación do proxecto (1092-1101). A introdución da planta poligonal nas capelas ou as innovacións no plano estilístico dan conta dos cambios producidos durante esta etapa.

Codex Calistinus, detail book V (1137)The Catedral de Santiago Foundation

Este folio dá comezo ao Libro V do Códice Calixtino, coñecido como a "Guía do peregrino". A través das descricións que fai do edificio podemos coñecer detalles sobre o aspecto que tivo a catedral neste momento.

Reconstrucción virtual del altar mayor de Gelmírez (2010) de M. Castiñeiras; Tomás GuerreroThe Catedral de Santiago Foundation

Co bispado de Diego Xelmírez as obras viven un novo impulso. É entón cando se emprende un ambicioso plan para engrandecer a catedral e facer de Compostela unha segunda Roma. A obra máis significativa dentro dese contexto será o altar maior, realizado seguindo o estilo romano.

Saint James among cypress trees (1101- 1111) de Master of the transfigurationThe Catedral de Santiago Foundation

Esta imaxe, situada en Praterías, puido estar pensada en orixe para a fachada occidental como parte do grupo da Transfiguración. Entre as inscricións que o acompañan podemos ler "ANFVS REX", en relación coa coroación do neno Afonso Raimúndez, futuro Afonso VII.

Wreathed ShaftsThe Catedral de Santiago Foundation

Estes fustes formaron parte das columnas que estaban situadas na antiga porta do Paraíso, na fachada setentrional. Unha vez máis, o Libro V do Códice Calixtino faise eco delas ao falarnos dunhas columnas de mármore "fermosamente labradas".

Month of February (h. 1103 - 1110) de "Maestro de Platerías" (Silversmith Master)The Catedral de Santiago Foundation

Este relevo formaría parte dun menoloxio situado na porta norte, no que se ilustraban os labores de cada un dos meses do ano. A inclusión deste ciclo na portada podería gardar relación coa Expulsión do Paraíso e a posibilidade de redención mediante o traballo.

Centaur/ Sagittarius (1101- 1111) de Maestro de la Puerta FrancígenaThe Catedral de Santiago Foundation

Sobre a interpretación desta figura baralláronse varias hipóteses: por unha banda, como parte dun zodíaco, representando a Saxitario; por outro, como Centauro, en clave de alegoría moral da loita contra as tentacións, en relación coa Serea situada no outro extremo do friso.

Adam and Eve counterclaim (First quarter of the twelfth century) de "Maestro de la Traición" (Master of Betrayal)The Catedral de Santiago Foundation

Adán e Eva son reprendidos polo seu pecado á vez que ocultan as súas vergoñas. Podemos observar algúns dos trazos máis característicos do mestre da Traizón: carácter narrativo, tendencia ao vulto, inxenuidade nos rostros ou pupilas escavadas e recheas de pasta vítrea.

Tímpano de la Pasión (1101- 1111)The Catedral de Santiago Foundation

O proxecto inicial estaba exposto cuns tímpanos de menor tamaño, do cal se conservan escenas como a Epifanía ou a Flaxelación. A ampliación nos accesos motivará a inclusión de escenas procedentes doutras portadas, o que nos permite advertir as diferenzas entre os mestres.

Woman of the skull (1101- 1111) de Maestro de la puerta FrancígenaThe Catedral de Santiago Foundation

No Calixtino queda reflectida a vocación narrativa desta figura: "está representada unha muller que sostén nas súas mans a cabeza putrefacta do seu amante, arrincada polo seu propio marido, quen a obriga a bicala dúas veces por día. Grande e admirable castigo para contarllo a todos!"

King David (1101- 1111) de Maestro de la puerta FrancígenaThe Catedral de Santiago Foundation

A través da magnífica imaxe do rei David podemos observar algúns dos trazos máis característicos do xenial mestre da porta Francíxena: rostros de fazulas inchadas, ollos amendoados, vigorosa anatomía ou amplos pregos, capaces de crear interesantes xogos de contraste.

Platerias porch de Various artistsThe Catedral de Santiago Foundation

A portada de Praterías constitúe un auténtico palimpsesto en pedra. Sometida a alteracións e cambios de formulación desde os seus inicios, as distintas intervencións ao longo dos séculos terminarán por outorgarlle ese aspecto de gran quebracabezas monumental que observamos na actualidade.

Consecration crossesThe Catedral de Santiago Foundation

As obras do conxunto catedralicio prolongaranse ata o ano 1211, data da súa consagración. Estes discos formarían parte do devandito ritual, presidido polo arcebispo Pedro Muñiz e ao que asistiu o rei Afonso IX, tal como deixa constancia a Acta de Consagración transcrita no Tombo B.

The Glory, Central Arch, Portico of Glory (ca. 1188-1211) de Master MateoThe Catedral de Santiago Foundation

Non poderiamos pechar a nosa viaxe pola catedral románica sen contemplar a súa manifestación máis extraordinaria: o Pórtico da Gloria. Convidámoste a que continúes a túa viaxe polo territorio medieval adentrándote no magnífico universo en pedra concibido polo Mestre Mateo.

Créditos: reportaje

Unha iniciativa de Fundación Catedral de Santiago.                    

Dirección: Ramón Yzquierdo Peiró.
Textos:  Sara Abal Filgueira. Brais Cela Álvarez. Marina de la Vega Adán. Lucía Hidalgo Portomeñe. Mariana Oliva García.
Imaxes: Fundación Catedral de Santiago.

Créditos: todos los contenidos multimedia
En algunos casos, el reportaje destacado es obra de un tercero independiente y no siempre representa los puntos de vista de las instituciones indicadas a continuación, que son las que han proporcionado el contenido.