Quen é quen no Panteón Real?

Descubre a historia detrás dos personaxes que conforman o Panteón Real da Catedral de Santiago de Compostela.

Leer

Cathedral and cloister floor plan (1535)The Catedral de Santiago Foundation

O Panteón Real 

No claustro da catedral de Santiago de Compostela, atopámonos o espazo da Capela das Reliquias, que acolle tamén ó Panteon Real. Podedes ver a súa localización neste mapa. 

Toca para ver

Neste lugar, están soterrados reis, raíñas e ilustres personaxes que tiveron un papel destacado na historia da Catedral: Raimundo de Borgoña, Pedro Froilaz de Traba, Berenguela, Fernando II, Alfonso VIII ( IX), Fernando Alfonso e Xoana de Castro. 

Cathedral floor (Cathedral Construction: 1075-1211. Santa Catalina´s Chapel: 1535)The Catedral de Santiago Foundation

Orixinalmente, este Panteón Real situábase no espazo hoxe ocupado pola Capela de Santa Catalina, pero en 1535 trasladouse a súa actual ubicación, provocando certa confusión nalgúns dos sepulcros. Acompáñanos a coñecer aos personaxes que acolle o Panteón: 

Sepulchre of Raimundo de Borgoña. (C.A. 1214) de Compostelan workshopThe Catedral de Santiago Foundation

1. Raimundo de Borgoña ( 1065-1107)

Fillo de Guillermo I e de Estefanía de Barcelona, chegou á península dende máis alá dos Pirineos co obxectivo de colaborar coas armas cristiás contra a presencia musulmá no territorio.  

Raimundo´s miniature of Tumbo A (1129-1134) de Compostelan ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation

Conseguiu prosperar, convertíndose en Conde de Galiza, esposo de Urraca e pai do emperador Alfonso VII. Gozando dun gran poder, puido intervir no nomeamento de bispos, como o de Diego Xelmirez, primeiro arzobispo de Santiago.  

Raimundo de Borgoña sepulchre (CA. 1215.) de Compostelan workshopThe Catedral de Santiago Foundation

¿Raimundo de Borgoña ou Fernando Alfonso? 

 O traslado do Panteón á súa actual ubicación dificulta a identificación dos sepulcros. Aínda que este sepulcro se relaciona con Raimundo de Borgoña, podería tratarse tamén do infante Fernando Alfonso, fillo primoxénito de Alfonso VIII (IX).  

Pedro de Froilaz Sepulchre (1926) de Maximino MagariñosThe Catedral de Santiago Foundation

2. Pedro Froilaz de Traba ( arredor de 1075-1126)

Pedro Froilaz foi un personaxe clave na historia de Galiza. Rico e poderoso, representou o culmen da xerarquía nobiliaria galega e tivo a responsabilidade de educar ao futuro rey Alfonso VII e de dirixir o banquete na ceremonia da súa coronación.  

Sepulchre of Queen Berenguela (CA. 1230) de Compostelan workshopThe Catedral de Santiago Foundation

3. Berenguela Berenguer ( 1108-1149)

Raíña consorte de Galiza e León polo seu matrimonio con Alfonso VII, foi Filla do conde Ramón Berenguer III e de Dulce de Provenza. O seu matrimonio supuxo unha firme alianza política entre León- Galiza e o leste da península, en concreto cos Condes de Barcelona, así como novas formas de colaboración na empresa reconquistadora.  

Print of Berenguela (CA. 1230) de Enrique MayerThe Catedral de Santiago Foundation

Berenguela foi unha conselleira imprescindible de moitos dos grandes personaxes do reino, tendo moita influencia na corte, o que a converteu nunha raíña popular e respectada. Manifestou, dende un primeiro momento, moita curiosidade pola cidade de Santiago e polo apóstolo.  

Sepulchre attributed to Fernando II. (1230) de Compostelan workshopThe Catedral de Santiago Foundation

4. Fernando II de Galiza e León ( 1137-1188)

Rei de León e Galiza, fillo de Alfonso VII e Doña Berenguela. Tivo un papel decisivo na finalización das obras da Catedral de Santiago, xa que, en 1168, firmou un privilexio polo cal concedía unha pensión vitalicia ao Mestre Mateo por facerse cargo das mesmas.  

Miniature of Fernando II in tomb A (C.A. 1175) de Compostelan ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation

O seu reinado transcurriu nunha época de grande vitalidade cultural en Galiza. Foi un activo impulsor dos centros urbáns e personaxe clave na conformación do Panteón Real, xa que en 1180 dispuxo aquí o seu soterramento e o dos seus sucesores.  

Sepulchre attributed to Alfonso IX (13th Century) de Compostelan workshopThe Catedral de Santiago Foundation

5. Alfonso VIII (IX) de Galiza e León ( 1171-1230)

Fillo de Fernando II, foi o último monarca do reino independente de Galiza e León, xa que o seu sucesor Fernando III o Santo, unificou os reinos con Castela. Durante o seu reinado foron habituais as guerras con portugueses e casteláns e as maniobras estratéxicas.  

Miniature of Alfonso IX (1210-1216) de Compostelan ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation

Foi un monarca fundamental na historia da Catedral e de Galiza. Durante o seu reinado levouse a cabo a Consagración da Catedral, en 1211. Tamén fundou diversas cidades e apoiou as peregrinacións a Compostela, tratando de preservar a seguridade do Camiño de Santiago.

Two sepulchres (13th Century) de Compostelan workshopThe Catedral de Santiago Foundation

¿Fernando II ou Alfonso VIII ( IX) de Galiza e León? 

Durante o traslado dos sarcófagos á súa actual localización, puido darse un intercambio entre eles, de maneira que a escultura do xacente atribuida a Fernando II de Galiza e León  correspondería realmente a Alfonso VIII  (IX) de Galiza e León  e viceversa.

Juana de Castro tomb (14th Century) de Compostelan workshopThe Catedral de Santiago Foundation

6. Xoana de Castro (?- 1374)

Procedente dunha importante familia de orixe galega, foi raíña consorte de Castela e León polo seu matrimonio con Pedro I, o cal lle valeu o apodo de desamada ao durar únicamente un día. 

Xelmirez (CA. 1289) de Abad Don SanchoThe Catedral de Santiago Foundation

Estos son os personaxes que compoñen o Panteón Real, pero non debemos olvidarnos de outros como os bispos Teodomiro e Xelmirez, as raíñas Urraca e Ximena,  ou os reis Alfonso III e Alfonso VII… que aportaron o seu gran de area á historia da Catedral.  

Créditos: reportaje

Unha iniciativa da Fundación Catedral de Santiago en colaboración coa Deputación da Coruña. 

Dirección: Ramón Yzquierdo Peiró. 
Textos: Claudia Gómez, Laura Codesido e Carlota Araya. 
Imaxes: Fundación Catedral de Santiago.  

Créditos: todos los contenidos multimedia
En algunos casos, el reportaje destacado es obra de un tercero independiente y no siempre representa los puntos de vista de las instituciones indicadas a continuación, que son las que han proporcionado el contenido.