López Ferreiro Room of the Cathedral Archive of SantiagoThe Catedral de Santiago Foundation
O Arquivo da Catedral de Santiago custodia unha serie de documentos de gran importancia histórica das épocas medieval e moderna. Moitos deles conteñen miniaturas de gran calidade artística, considerados incluso fitos dentro da tradición miniaturista europea.
Época románica
En época románica, o arcebispo Diego Xelmírez impulsou o scriptorium catedralicio, posiblemente con miniaturistas anglonormandos e franceses que formaron a artistas locais. Destacan dous códices: o Tumbo A e o Liber Sancti Iacobi.
Miniature of Doña Urraca from the Tumbo A (1129-1256) de Compostelan ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation
Tumbo A
O Tumbo A é un cartulario que recolle doazóns e privilexios reais que beneficiaron á sé compostelá. Consta de 71 folios realizados en catro fases de execución. O seu valor artístico destaca polas miniaturas que retratan aos protagonistas das doazóns.
Tumbo A (h. 1129-1134) de Compostelano ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation
Ao inicio atópase a representación da inventio e os retratos de Alfonso II e Ordoño I, que serán imitados ao longo da obra, aparecendo entronizados, con coxín, proxectados en altura e cos pés sobre un escabelo.
As miniaturas de Fernando II e Alfonso IX pertencen ás dúas fases seguintes, representados a cabalo na parte superior da páxina e o león heráldico na inferior, mostra da súa condición de reis privativos de León e Galicia.
Na derradeira etapa, incorpóranse os retratos de Fernando III e Alfonso X. Ainda que se elimina o león na parte inferior, os motivos heráldicos que indican a reunificación dos reinos de León e Castela amósanse en ambas as dúas escenas.
Illuminated Initial of the Codex Calixtinus. C of Calixtus (Mid 12th century) de Compostelan ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation
Liber Sancti Iacobi
O Liber Sancti Iacobi presenta miniaturas e iniciais decoradas de grande utilidade estilística. Así e todo, algunhas diferenzas formais suxiren que interviñeron varias mans no mesmo taller. Destacan letras capitais como o C de CALIXTVS e o I de IACOBVS.
Frontispiece of the Historia Turpini, Book IV of the Codex Calixtinus (Mid 12th century) de Compostelan ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation
A grande inicial de TVRPINVS é unha miniatura a páxina completa cos brazos da letra rematados en entrelazos xeométricos e vexetais con cabezas zoomórficas. No centro, baixo unha cabeza de león, represéntase ao arcebispo Turpín de Reims sentado nun óvalo.
Miniature of Charlemagne’s Dream in Book IV of the Codex Calixtinus (Mid 12th century) de Compostelan ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation
Outra das miniaturas máis destacables representa a aparición de Santiago en soños a Carlomagno para pedirlle que libere a súa tumba. Aparece representado disposto sobre o leito do emperador, sinalando co índice as estrelas que o guiarán ata Compostela.
Época gótica
Durante o gótico, o scriptorium perdeu interese pola iluminación. Consérvase unha miniatura no Tumbo B con dúas escenas: Santiago entronizado no altar maior e Santiago a cabalo defendendo a Igrexa compostelá ante as sublevacións burguesas do século XIV.
Século XV
Recupérase a iluminación puntualmente no século XV, coa elaboración do Breviario de Miranda. As iluminacións limítanse ás marxes, orlas e letras capitais, de gran riqueza, destacando motivos vexetais, heráldicos e personaxes difíciles de identificar.
Século XVI
No século XVI, destacan dous documentos: unha copia da Bula Regis Eterni de Alexandre III, cuxa letra inicial contén unha representación de Santiago ecuestre, e a Real Executoria de Filipe II, que podemos ver na seguinte diapositiva.
Royal Decree of Philip II (1576)The Catedral de Santiago Foundation
A Real Executoria de Filipe II contén cinco miniaturas que representan a Epifanía, a Derrota de Albelda, a Batalla de Clavijo, o Privilexio de Ramiro e un retrato de Filipe II, a única que non ocupa a páxina completa.
Século XVII
Xa no século XVII se realiza a Real Executoria de Filipe III. A súa miniatura principal representa a Santiago Miles Christi cabalgando sobre inimigos, flanqueado por figuras fitomorfas e xarróns. Destaca a súa armadura, similar á de Filipe III no retrato de Pantoja de la Cruz.
Século XVIII
Da colección de libros musicais, destaca o Cantoral de D. Andrés de Gondar, do século XVIII. Composto por 73 folios, conta con oito miniaturas de xiran arredor da figura de Santiago, a súa condición de patrón de España e a relación coa coroa.
Detail of Breviary of Miranda (Mid 15th century) de Compostelan ScriptoriumThe Catedral de Santiago Foundation
Esta exposición enmárcase dentro dun proxecto de investigación, catalogación e difusión da Colección Pictórica da Catedral realizado coa colaboración da Deputación da Coruña, co obxectivo de contribuír a un maior coñecemento da mesma.
Dirección: Ramón Yzquierdo Peiró
Textos: Melissa García Maseda, Ana Eiroa Candal
Imaxes: Fundación Catedral de Santiago
Esta exposición forma parte do proxecto Historia Pinxit. Espazos, temas e personaxes na pintura da Catedral Compostelá, enmarcado dentro do programa FO200 de subvencións a fundacións e a entidades sen fins de lucro da Provincia de A Coruña titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas para o desenvolvemento de actividades culturais ao longo do ano 2024 da Deputación da Coruña.