Espazos, temas e personaxes da Catedral de Compostela

Achégate á pintura mural da Catedral de Santiago

Leer

Geometric Decoration in the Tower of Archbishop Gómez Manrique (Third quarter of the 14th century)The Catedral de Santiago Foundation

As pinturas murais da Catedral de Santiago que sobreviviron ao paso dos séculos fálannos de devoción, mentalidade e unha xerarquización dos espazos sacros, así como dun cambio de concepción na tradición xacobea, o seu culto e imaxes.

Musician angel (Late 15th century) de Anonymous hispanic-flemishThe Catedral de Santiago Foundation

   Torre Medieval do Arcebispo Manrique       

As excavacións do século XX revelaron a base da torre medieval do Arcebispo Manrique, onde se achan vestixios de pintura mural coma este Anxo Músico que toca o órgano. Probablemente, formaba parte dunha composición dedicada á Virxe e o Neno que non se conserva.

Mural Decoration in the Chapel of El Salvador (Late 14th-early 15th centuries)The Catedral de Santiago Foundation

A Capela do Salvador

Cando se desmontou o retablo renacentista (ca.1525) descubríronse, a ambos os dous lados da ventá románica, pinturas murais góticas que representan dous escudos, coroas rexias e flores de lis en alusión a Carlos V, patrón desta capela.

Candelieri from the Chapel of Prima (ca. 1527) de Attributed to Sixto de FrisiaThe Catedral de Santiago Foundation

Capela de Prima

A partir dos anos vinte do século XVI, coa chegada do Renacemento, a catedral experimenta unha serie de cambios fundamentais. As pinturas murais conservadas desta época distribúense en diferentes capelas.

Lamentation over the Dead Christ in the Chapel of Sancti Spiritus (Early 16th century) de Attributed to Sixto de FrisiaThe Catedral de Santiago Foundation

Capela de Sancti Spiritus

Na Capela de Sancti Spiritus, unha pintura ubicada onde estaba o altar de san Sebastián en época medieval representa unha Quinta Angustia, atribuída a Sixto de Frisia e Tristán de Taboada ou a Pedro de Más. O intradorso do arco decórase con elementos vexetais.

Representation of St. Peter in catedra in the Chapel of St. Peter (Second third of 16th century) de Attributed to Jordan GonçalvezThe Catedral de Santiago Foundation

Capela de San Pedro

Na Capela de San Pedro ubícase un ciclo pictórico do s.XVI, atribuído a Jordan Gonçalvez, que amosa pasaxes da vida do santo coma a escena Domini, quo vadis?, ou a súa representación in Cátedra rodeada por dous grupos de figuras que aluden a personaxes da época.

Mural paintings of the Chapel of San Fernando (1542) de Pedro NobleThe Catedral de Santiago Foundation

A Capela de San Fernando

Nos lunetos da Capela de San Fernando encóntranse dous frescos realizados en 1542 por Pedro Noble, destacado pintor renacentista. Neles preséntase a Ascensión de Cristo resucitado, envolto nunha nube; e a Asunción da Virxe, levada ao ceo por catro anxos.

Assumption of Mary in the Chapel of Saint Ferdinand (1542) de Pedro NobleThe Catedral de Santiago Foundation

As composicións de ambas as dúas escenas adáptanse ao marco arquitectónico, forzando algunhas posicións dos apóstolos e alongando as anatomías dun xeito moi avanzado, que casi anuncia o manierismo.

Main Chapel of the Cathedral of Santiago (1764-1768) de Domingo de Andrade, Gabriel FernándezThe Catedral de Santiago Foundation

A pintura barroca

Nos séculos XVII e XVIII, as pinturas murais reflexan o impacto do Concilio de Trento, cun auxe da imaxe comprendida como ferramenta didáctica.

Mural painting in the main chapel and transept of the Cathedral of Santiago (1764-1769) de Domingo de Andrade, Gabriel FernándezThe Catedral de Santiago Foundation

Exemplo disto é a decoración do teito da Capela Maior e o cruceiro, onde Gabriel Fernández representou o triunfo do apóstolo Santiago, usando para iso unha serie de símbolos xacobeos pintados en ouro e rocalla.

Life of Saint James the Greater in the vault of the Chapter Library (1780) de Manuel Arias VarelaThe Catedral de Santiago Foundation

Vida de Santiago o Maior

Sobre a bóveda da Biblioteca Capitular, disponse un ciclo xacobeo pintado por Manuel Arias Varela en 1780. Para exaltar o padroado do apóstolo Santiago, representa os principais episodios da súa vida: o seu Martirio, a súa aparición na Batalla de Clavijo e a súa Coroación.

Créditos: reportaje

Dirección: Ramón Yzquierdo Peiró
Textos: Noa Lorenzo Otero, Ana Eiroa Candal 
Imaxes: Fundación Catedral de Santiago

Esta exposición forma parte do proxecto Historia Pinxit. Espazos, temas e personaxes na pintura da Catedral Compostelá, enmarcado dentro do programa FO200 de subvencións a fundacións e a entidades sen fins de lucro da Provincia de A Coruña titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas para o desenvolvemento de actividades culturais ao longo do ano 2024 da Deputación da Coruña.


Créditos: todos los contenidos multimedia
En algunos casos, el reportaje destacado es obra de un tercero independiente y no siempre representa los puntos de vista de las instituciones indicadas a continuación, que son las que han proporcionado el contenido.