Unha visita virtual á catedral de Santiago

Descubre a meta dos Camiños de Santiago nunha visita guiada.

Leer

Cathedral of Santiago of Compostela (1075)Xunta de Galicia

A catedral de Santiago de Compostela é a obra máis sobresaínte da arte románica en España. É, ademais, a meta final de todos os Camiños, que durante séculos levaron os peregrinos da Cristiandade cara á tumba do apóstolo Santiago. Foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1985.

Fachada del ObradoiroThe Catedral de Santiago Foundation

Fachada do Obradoiro

A fachada do Obradorio é a fachada occidental da catedral de Santiago. Asentada sobre as estruturas medievais, está enmarcada polas torres das Campás e da Carraca, o seu aspecto actual data do século XVIII e caracterízase por grandes vans e unha riqueza decorativa e iconográfica na que participarían importantes artistas composteláns da época.

Fachada de AzabacheríaThe Catedral de Santiago Foundation

Fachada da Acibechería

Substituíndo á medieval Fachada do Paraíso, ou Francíxena, derrubada en 1758, esta fachada termínase en 1769 en estilo neoclásico, aínda que mantén algunhas fórmulas barrocas. Ao mesmo tempo que a fachada, reorganizouse todo o espazo da actual Praza da Inmaculada.

Plaza de Praterías, en Santiago de Compostela (2021)Fuente original: Axencia Turismo de Galicia

Fachada das Praterías

Situada no extremo sur do cruceiro, trátase da única fachada románica que queda da catedral, mantendo a súa arquitectura tradicional sen apenas transformacións, aínda que o seu aspecto actual, un tanto caótico, é consecuencia de diversas modificacións e reformas. Xunto a ela érguese a Torre do Reloxo, concibida no século XIV, que alberga o reloxo e a maior das campás da catedral, coñecida tamén como Berenguela. 

Façade of the QuintanaXunta de Galicia

Fachada da Quintana

A cabeceira románica da catedral ocúltase na Praza da Quintana, detrás dun longo muro barroco coroado de pináculos edificado no século XVII. O centro de atención para os peregrinos está na Porta Santa que só se abre con ocasión do Ano Santo. O lenzo da Porta Santa está enmarcado por 24 estatuas de personaxes bíblicos recuperadas do coro pétreo do Mestre Mateo.

Toca para ver

Seguindo o modelo románico de tradición francesa que foi denominado como igrexa de peregrinación, o espazo interior da catedral de Santiago organízase sobre a tradicional planta de cruz latina con tres naves por brazo.

Toca para ver

A nave principal mide de oeste a este uns 94 metros de longo no interior e o transepto, moito maior do habitual nas chamadas igrexas de peregrinación, alcanza os 63 metros de norte a sur, unhas dimensións que a converten no maior templo románico de España.

Toca para ver

A nave central está cuberta por unha bóveda de canón e as laterais por bóvedas de aresta. Os volumes distribúense sobre elegantes arcos de medio punto, coroados por unha ampla tribuna que outorga ás naves unha esvelteza e unha claridade inusuais noutros templos románicos da época. A iso contribúe a enorme cristaleira coa que contaba na súa fachada principal.

Toca para ver

Capela Maior

A capela Maior mantén a súa estrutura románica esencial, condicionada pola localización, na parte inferior, da tumba de Santiago Apóstolo. Na actualidade está protagonizada polo baldaquino e polo fastosa prataría barroca, a cal enmarca a imaxe pétrea do Santiago Sedente, obra do taller do Mestre Mateo, ao cal os peregrinos abrazan accedendo polas escaleiras situadas na xirola.

Toca para ver

Cripta apostólica

A cripta apostólica, situada xusto debaixo da Capela Maior, comprende o que queda da antiga edícula ou mausoleo romano onde, no século IX, apareceu o sepulcro cos restos atribuídos a Santiago e aos seus discípulos, e unha reducida zona de tránsito e de oración. A urna apostólica preside este simbólico lugar onde a tradición sitúa o sepulcro apostólico.

Toca para ver

Botafumeiro

Da cúpula octogonal do cruceiro, situado fronte ao altar, colgan a corda e o sistema de poleas ideado no século XVI para poñer en marcha o famoso Botafumeiro. Este termo galego significa “o que bota fume” e refírese ao enorme incensario existente na catedral compostelá.

Toca para ver

Porta Santa ou do Perdón

Aberta no século XVI nesta localización, a Porta Santa unicamente se abre durante os Anos Santos composteláns (aqueles en que a festividade de Santiago Apóstolo, 25 de xullo, coincide en domingo). Flanqueada por dúas imaxes procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo, as súas follas de bronce colocáronse no Ano Santo de 2004.

Toca para ver

Capela de San Salvador

Trátase da capela central da xirola e o punto de inicio das obras da catedral cara a 1075. Á súa entrada atopámonos cos capiteis fundacionais que conservan as inscricións latinas: “Reinando o príncipe Afonso construíuse esta obra” e “En tempos do Bispo Diego comezouse esta obra”. A esta capela acudían os antigos peregrinos a Compostela a confesarse en diferentes idiomas e recibir a Compostela.

Toca para ver

Capela do Pilar

A capela do Pilar empezouse a construír a finais do século XVII. En orixe, estaba destinada a ser a nova sancristía da catedral pero, unha vez iniciadas as obras, o arcebispo Monroy cambiará a intención inicial do cabido e situará nela un altar dedicado á Virxe do Pilar. Dispón dunha coidada decoración marmórea, con vieiras e estrelas.

Toca para ver

Capela de Mondragón

Capela fundada en 1521 polo cóengo Juan de Mondragón, tamén é coñecida como capela da Piedade ou da Santa Cruz (pois o seu padroado depende do marquesado de Santa Cruz). Destaca o magnífico retablo que preside a capela, obra sevillana do borgoñón Miguel Perrín, de 1526, realizado en terracota representando a Lamentación perante Cristo Morto.

Toca para ver

Lauda de Teodomiro

Bispo de Iria no momento do descubrimento dos restos do Apóstolo, a lápida de Teodomiro, datada en 847, apareceu nas escavacións arqueolóxicas realizadas na catedral en 1955. Sitúase actualmente nun pequeno espazo do cruceiro, acompañada dunha imaxe peregrina de Santiago, de mediados do século XV, que pertenceu ao arcebispo Núñez de Isorna.

Toca para ver

Baptisterio

Situado no ángulo sueste da planta da basílica, trátase dunha gran pía prerrománica na que, segundo a tradición, abeberou o cabalo de Almanzor en 997.

Toca para ver

Pórtico da Gloria

O Pórtico da Gloria é a entrada occidental da catedral románica. Ideado polo xenio do Mestre Mateo, está considerado unha obra cume da arte universal. O Mestre Mateo, conxugando influencias francesas, italianas e hispanas, concibe un pórtico de granito policromado que, polas súas características estilísticas, apunta á transición á arte gótica.

Toca para ver

No pórtico desenvólvese todo un programa iconográfico inspirado nas Sagradas Escrituras e de contido apocalíptico e salvífico, que ilustraría, de forma práctica e comprensible, os fieis que tivesen acceso a este espazo. Segundo a inscrición que figura nos seus linteis, foron colocados polo Mestre Mateo o día 1 de abril de 1188.

Toca para ver

Museo Catedral

O museo naceu en 1928, sendo o primeiro dos catedralicios en España. Aos poucos foi enriquecendo os seus fondos, sobre todo a partir de pezas procedentes de distintos espazos da catedral, das súas coleccións mobles e de achados arqueolóxicos da propia basílica. Actualmente incorpora, ademais, o acceso a destacados espazos singulares que foron musealizados, caso da capela das Reliquias, o Tesouro, o claustro ou o Pazo de Xelmírez.

Toca para ver

Destacan de forma especial as salas dedicadas á obra do Mestre Mateo, as súas coleccións de tapices e ourivaría e porque nas súas salas se expón, cando non se utiliza na catedral, o Botafumeiro.

Toca para ver

Sala Capitular

O Museo Catedral alberga nos seus fondos unha gran colección de tapices de diferentes épocas e autores; entre eles, os catro tapices flamencos do século XVI, con escenas da Segunda Guerra Púnica, que se expoñen na sala Capitular e que proceden dunha serie tecida a partir de modelos pintados por Giulio Romano e Giovanni F. Penni. Como o resto da colección, posiblemente se correspondan co importante legado realizado en 1814 polo cóengo ilustrado Pedro Acuña e Malvar.

Toca para ver

Claustro

O claustro renacentista, obra do século XVI, en estilo plateresco. As súas catro grandes ás amosan unha magnífica bóveda estrelada, unha bela crista e, no chan, unha secuencia de lápidas dos cóengos que conforman unha destacada colección heráldica. Na zona central do claustro poden verse as vellas campás retiradas da Torre do Reloxo, entre elas a Berenguela orixinal, notablemente fendida. 

Toca para ver

No centro está a cunca da Fons Mirabilis, unha fonte románica de granito que estivo situada na entrada norte do templo, a Porta do Paraíso, e na que, segundo narraba o Códice Calixtino, podían asearse ata 15 peregrinos á vez para entrar na catedral limpos do po do camiño.

Toca para ver

Capela das Reliquias e Panteón Real

Neste espazo do claustro atópanse, entre outros, os sepulcros reais de Berenguela, Fernando II e Afonso IX de León e de Galicia. Pola súa banda, no Retablo de Reliquias móstrase unha importante colección de pratería das épocas medieval e moderna, algunhas delas das pezas máis destacadas dos fondos artísticos da catedral.

Créditos: todos los contenidos multimedia
En algunos casos, el reportaje destacado es obra de un tercero independiente y no siempre representa los puntos de vista de las instituciones indicadas a continuación, que son las que han proporcionado el contenido.