Fachada del ObradoiroThe Catedral de Santiago Foundation
Catedral de Santiago
A Catedral de Santiago de Compostela é un dos máis destacados exemplos da arte románica en España. A obra comezou no ano 1075 e concluiu no 1211. Con todo, para chegar ó que vemos hoxe foi obxecto de múltiples remodelacións posteriores.
Stone choir of Master Mateo (1999) de Fundación Pedro Barrié de la MazaThe Catedral de Santiago Foundation
O coro pétreo
Un dos elementos máis importantes da catedral medieval foi o seu coro pétreo, obra do Mestre Mateo. A súa construcción foi iniciada cara o ano 1200 e, con seguridade, estaría rematado para a consagración da catedral no ano 1211.
Proxecto total do Mestre Mateo
O rei Fernando II concedeu o Mestre Mateo unha pensión vitalicia para que el e o seu taller terminasen as obras da catedral románica. Entre os anos 1168 e 1211 Mateo dirixiu a construción do Pórtico da Gloria, a fachada occidental da catedral e o coro pétreo.
Model choir stone (1996) de Fundación Pedro Barrié de la MazaThe Catedral de Santiago Foundation
Que é un coro?
O coro era unha construción dentro da igrexa, pechada por tres fachadas e aberta fronte á capela maior. A entrada estaba reservada ós cabidos das catedrais. Aquí sentaban os 72 cóengos que conformaban o Cabido compostelán para cantar no oficio divino.
Cabido e cóengos
O cabido catedralicio é un grupo de clérigos que ten personalidade xurídica propia e cuxa tarea é celebrar as funcións litúrxicas máis solemnes da catedral.
Os eclesiásticos que forman parte do Cabido chámanse cóengos.
Localización do coro
Situábase nos tres primeiros tramos da nave central, a partir do cruceiro cara a fachada Occidental, e se completaba no cuarto tramo co trascoro. A partir do mateano, a meirande parte dos coros hispanos pasaron a situarse deste modo.
Stony choir reconstructionThe Catedral de Santiago Foundation
Cadeirado do coro
Cada cóengo tiña un sitio definido segundo a súa dignidade. Os de maior categoría sentaban nos estalos do cadeirado alto, mentres que os de menor xerarquía ocupaban un banco pétreo no cadeirado baixo.
Cadeirado alto
Cada cadeira do coro estaba cuberto con plafóns floreados e delimitado por ménsulas, columnas e brazais. A decoración da crestería alternaba figuras de "mozos cantores" e imaxes do bestiario medieval pechadas dentro de representacións arquitectónicas.
Fachadas exteriores
A fachada estaba constituida por arcadas cegas de medio punto sostidas por columnnas con capiteis labrados e figurados. Na crestería, pola súa parte, aparecían figuras de personaxes bíblicas sedentes en alternancia con relevos de torres poligonais.
Tribuna ou leedoiro
Acorada á cabeceira do coro levántabase unha tribuna para a lectura de textos litúrxicos. Baixo el había un recinto que se usou para dispor capelas funerarias. A tribuna posuía fachadas que seguían a estrutura e iconografía dos muros do coro pero con arquerías exentas.
Retrochoir facade (1999) de Fundación Pedro Barrié de la MazaThe Catedral de Santiago Foundation
O trascoro
A fachada do trascoro pechábao pola súa parte occidental. Tiña tres columnas exentas e tres arcos a cada lado da porta seguindo a mesma crestería. O seu tímpano, que non se conserva, representaba o tema da Epifanía creando un modelo moi continuado despois en Galicia.
Stone choir iconographic programme (Circa 1200) de Taller Maestro MateoThe Catedral de Santiago Foundation
Programa iconográfico
Se o Pórtico da Gloria representa o triunfo apocalíptico e a salvación do Home, o coro pétreo simula a cidade de Deus. As fachadas son a fortaleza que protexe o interior do coro, a cidade santa de Xerusalén. Os temas elixidos para os relevos seguían este fío.
Obradoiro excavations (Circa 1200) de Taller Maestro MateoThe Catedral de Santiago Foundation
Excavacións
As excavacións arqueolóxicas do último século demostraron que moitas pezas do coro medieval non se extraviaron, senon que foron reutilizadas como material de construción e pavimentación noutras zonas da catedral, por exemplo, na escalinata de fachada do Obradoiro.
Holy gate (Durante los s. XVII-XVIII)The Catedral de Santiago Foundation
Porta Santa
Outros lugares onde os elementos do coro foron situados co tempo son a Porta Santa, onde tras o engadido barroco dispóñense agora "os vintecatro", e a portada de Praterías, con seis "mozos cantores" situados aí dende finais do século XIX.
O coro disperso
Destacan tamén unha fonte na parroquia de san Pedro de Vilanova decorada con dúas figuras do coro mateano e máis exemplos que remataron noutros lugares.
Ademáis, en 1950 o Estado iniciou a adquisición doutras dúas pezas que están actualmente conservadas no MAN.
Reconstrución
En 1978 tivo lugar na escalinata do Obradoiro a aparición do maior número de pezas ata o de agora. Tras o seu almacenamento na buchería da catedral, os profesores Otero Túñez e Yzquiero Perrín comezaron co proceso de investigación previo a súa musealización.
O 16 de xaneiro de 1995 asinouse o convenio entre o Cabido e a Fundación Barrié para regular a reconstrución do coro e asegurar a súa salvagarda. Moitas das pezas achadas deberon someterse antes a un proceso de reintegración e restauración.
Outcome reconstruction (1999) de Reconstruido por R. Otero Túñez y R. Yzquierdo PerrínThe Catedral de Santiago Foundation
Resultado
Labrado en granito de Parga por obradoiros e escultores galegos, a reconstrución resultante foi un éxito en materia de patrimonio artístico de Galicia, pois é reversible na súa totalidade e permite, por suposto, a incorporación de futuros posibles achados.
Unha iniciativa de Fundación Catedral de Santiago
Direción: Ramón Yzquierdo Peiró
Textos: Itzale Laka Solozabal e Laura Codesido Mella
Imaxes: Fundación Catedral de Santiago